Sunday 19 de May de 2024

Feijóo, nomeado visitante distinguido da cidade de Bos Aires


A distinción foi outorgada tras visitar, na tarde de onte, o stand da Xunta de Galicia na Feira Internacional do Libro de Bos Aires

A Defensoría del Pueblo de la Ciudad autónoma de Buenos Aires nomeou onte ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, Visitante Distinguido da cidade.

A distinción foi outorgada tras visitar o stand da Xunta de Galicia na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, cuxa 42 edición conta con Santiago de Compostela como cidade invitada de honra.

O titular da Xunta continúa hoxe a súa visita institucional a Arxentina, cunha reunión co vicexefe do Goberno da Cidade Autónoma de Bos Aires, Diego Santilli. Posteriormente, recibirá o Título de Hóspede de Honra, concedido pola Cidade Autónoma de Bos Aires, de mans da vicepresidenta primeira da Lexislatura.